O día 23 de novembro dende as 09.25h ata as14.30h tivo lugar no pavillón do IES NS Ollos Grandes e IES Lucus Augusti unha xornada de Xogos Alternativos para 2 ESO, enmarcada dentro do plan Xogade e este plan a súa vez enmarcado dentro do Proxecta de Vida Activa e Deportiva que coordina o Departamento de Educación Física do IES NS Ollos Grandes.
Os xogos escollidos para esta xornada de convivencia, foron: FLOORBALL, KINBALL E PICKLEBALL.
O alumnado de 1 de bacharelato axudou nesta xornada arbitrando os distintos encontros que tiveron lugar.
Moitas gracias ao alumnado polo seu bo comportamento e saber estar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.