O lúns 18 de novembro acudimos ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para asistir a unha Charla organizada pola Fundación Breogán dentro do programa ¨Luz ó deporte", nesta ocasión o alumnado de 1º ESO foi acompañado polo profesorado de Lingua Galega: Laura Balboa e Sergio; Educación Física: Nuria, Noemí e Brais; Educación Plástica: María; Portugüés: Loaira; dous profesoras de PT do centro; asistiron a Charla de Miguel Muñoz xogador profesional de fútbol sala no "Lugo Sala", faloulle ao alumnado de valores que lle proporcionou o deporte: traballo, esforzo, constancia, loita, compañerismo, traballo en equipo, perseverancia, disciplina, respeto, confianza nun mesmo, pasión, familia...
Ao finalizar o alumnado preguntoulle a Miguel curiosidades sobre a súa carreira profesional.