luns, 21 de outubro de 2024

CHARLA FUNDACIÓN BREOGÁN: "LUZ Ó DEPORTE". JESSICA E LUCY AKAMERE

O lúns 21 de outubro acudimos ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para asistir a unha Charla organizada pola Fundación Breogán dentro do programa ¨Luz ó deporte", nesta ocasión o alumnado de 2ºESO foi acompañado polo profesorado de Lingua Galega: Laura Balboa, Educación Física: Nuria e Noemí, Lingua Castelá: David e Música: Oliver; asistiron a Charla de Jessica e Lucy Akamere xogadoras de Superliga de Voleibol que falaron de valores que lles proporcionou o deporte, sentimentos, estudio e deporte, deporte e muller…ao finalizar o alumnado preguntou curiosidades as deportistas.