Do 22 ao 25 de abril o alumnado de 4º ESO foi de excursión de fin de curso a Portugal, foron acompañados polo profesorado de Educación Física: Brais e Noemí, pola profesora de Lingua Galega: Laura e pola coidadora Lidia.
Fixeron roteiros culturais por Lisboa e Porto, distintas visitas culturais: Oceanográfico..., e para rematar a viaxe, estiveron no parque de aventuras "Pena aventura" onde poideron facer distintas actividades como: paintball, tirolinas, percorridos polas árbores...
A Educación Física presente unha vez máis nas viaxes culturais do centro; foi unha estupenda viaxe!