xoves, 10 de novembro de 2022

SAÍDA CON 1º BACHARELATO AO CENTRO DEPORTIVO: D10

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o xoves día 03 de novembro e o mércores día 09 de novembro do 2022 o Centro Deportivo D10 en Outeiro de Rei.

Alí fixeron unha sesión de iniciación ao Padel, iniciación ao Tenis, un circuito de entrenamiento TRX e unha sesión de Cycling.

Para finalizar a visita fixeron actividades na piscina climatizada do centro.

Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Educación Física dentro do Plan Proxecta: Vida Saudable e Deportiva e o profesorado acompañante da mesma foi: Noemí Fernández Pedraza e Adrián Garrués.


ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA