xoves, 30 de abril de 2026

PVSD: XOGADE 3X3 BALONCESTO.

O día 29 de abril de 2026 tivo lugar no anexo do Pazo dos deportes de Lugo, unha xornada XOGADE de 3x3 de Baloncesto infantil e cadete intercentros enmarcada dentro do plan Proxecta: PVSD, a esta xornada acudiron o IES Leiras Pulpeiro, o Colexio Franciscanos, o IES Anxel Fole, o IES Lucus Augusti e o IES NS Ollos Grandes.

A esta xornada de convivencia intercentros acudimos con 10 equipos da categoría infantil (5 femininos e 5 masculinos), ademáis de con 8 equipos da categoría cadete ( 4 equipos masculinos e 4 equipos femininos); todos eles acompañados polo profesor de música Jesús, Lorena e o departamento de Educación Física ( Adrián, Marta Araceli e Noemí).

Foi unha xornada na que reinou o bo comportamento e o xogo limpo de todos/as os/as participantes.

Gracias a todos/as os/as participantes na xornada, sodes increíbles!!!

Obtivemos os seguintes resultados:

INFANTIL FEMININO

2º POSTO

INFANTIL MASCULINO

                                                                           1º POSTO

CADETE FEMININO

3º POSTO

CADETE MASCULINO

3º POSTO.

1º POSTO.