xoves, 4 de abril de 2024

PARQUE DE AVENTURAS LUCUS AVENTUR: XORNADA DE INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN DEPORTIVA A PÉ 1º ESO

No día de hoxe o alumnado de 1º ESO do IES NS Ollos Grandes acompañados polo profesorado do Departamento de Educación Física: Aitor, Adrián e Noemí, María profesora de Educación Plástica e Visual e a profesora de Pedagoxía Terapéutica do centro; disfrutaron dunha xornada de iniciación á Orientación Deportiva a pé con compás no Parque de Aventuras: Lucus Aventur en Lugar de Bandelo (Ombreiro)Lugo.

O alumnado distribuido por grupos participou nun xogo de orientación con compás, onde tiveron a oportunidade de aprender e perfeccionar os conceptos relacionados co deporte de orientación deportiva a pé mediante a práctica lúdica.

Os resultados de dito xogo competitivo foron os seguintes:

ENLACE AOS RESULTADOS DO XOGO


Dita xornada está enmarcada dentro do Plan Proxecta que coordina o Departamento de Educación Física: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva" na modalidade de XOGADE.

Moitas gracias pola vosa participación e comportamento!