sábado, 6 de maio de 2023

CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA A PÉ



Hoxe, 06 de maio de 2023, celebrouse en Ourense o “Campionato Galego de Orientación Escolar a pé”

O equipo infantil feminino do IES que se clasificara no “Campionato Provincial Escolar” en segunda posición, neste “Campionato Galego Escolar” quedou nunha meritoria cuarta posición dun total de 12 centros escolares Galegos e foi o primeiro centro da provincia de Lugo neste campionato.

As integrantes do equipo foron:

Sara Salgado Pollán.

Julia Saqués Feijoo.

Moraima Ferreiro García.

Candela Vilarín Salvador.

Alejandra Castedo Medina.

Ania Vázquez Pastor.

Parabéns a todas as participantes!!!

Gracias polo voso impecable comportamento e a vosa gran actuación.