martes, 12 de decembro de 2023

PVAD: CHARLA FUNDACIÓN BREOGÁN VELJKO MRSIC 1º ESO.

Hoxe, o alumnado de 1º ESO acudiu ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo á charla de Vljko Mršić, esta actividade foi organizada pola Fundación Breogán dentro do Ciclo de Conferencias sobre valores e deporte: “Luz ó Deporte”.

O Departamento de Educación Física enmarca esta actividade dentro do Plan Proxecta: Vida activa e deportiva.

Escoitastedes a Vljko con atención e fixestedes moi boas preguntas ao rematar a conferencia.  

Bo traballo!!!


FOTOS E VIDEOS DA XORNADA