A semana do 15 ao 19 de abril tivemos a sorte de poder contar no centro co presidente do club Star Dance Rubén Díaz e coa entrenadora Berta, que fixeron unha sesión para cada un dos grupos de 1º e 3º ESO sobre Hip Hop e danzas urbanas.
Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: PVSD, coordinado polo Departamento de Educación Física, en concreto dentro da modalidade: "Coñece o meu club".