xoves, 22 de decembro de 2022

XORNADA: VALORES E DEPORTE.

 O Xoves día 22 de decembro de 10.15h a 11.30h houbo unha xornada interdisciplinar de Deporte e Valores no salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta: Vida Saudable e Deportiva, coordinado por Noemí Fernández Pedraza do Departamento de Educación Física e na cal colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Educación Plástica, Inglés, Francés, Portugués, Alemán, Galego, Castelán, Música.

  

Á devandita xornada acudiron deportistas de alto rendemento tales como: Branca Millán do C.B.Ensino, Mame Deouf e Luca Biliato do club de voleibol Arenal Emevé, Nicolás Fraga do club de tiro olímpico San Froilán, Andrés Pereiro do club de tenis As Termas, Gonzalo González do club de tenis D10, Wilker Faña do Boxing club Cidade de Lugo, Sara Alvarez Folgueira, do Judo Lugo, Roberto Fernández do CD Lugo, Adrián Rodriguez Mosteirin ‘Pirata’ do Noia Portus Apostoli, José Cuba do Club de loita de Vilalba, Xela Martinez de Escola Atlética Lucense, Xoel Teijeiro do Club Fluvial de Lugo e Pablo López do Xaquedrum de Lugo.

 

Ademais outros deportistas quixeron estar presentes nesta xornada enviando vídeos animando ao alumnado a que practiquen deporte e explicándolles os valores que adquirirán para a súa vida grazas ao deporte: a piragüista lucense Tania Fernández, a maratoniana olímpica lucense Alessandra Aguilar, o club de fútbol sala Pescados Rubén de Burela con dous das súas xogadoras:Dany e Irene Samper, o Pontés olimpico de tiro con arco Miguel Alvariño e a atleta paralímpica Adiaratou Iglesias.

 

  

 


FOTOS E VIDEOS DA XORNADA


PRESENTACIÓN DA XORNADA