Onte, xoves día 18 de maio, o alumnado de 2 ESO acompañado polo profesorado do Departamento de Educación Física: María, Natalia e Noemí e o profesor de Lingua Estranxeira: Daniel Rouco foron camiñando ao pavillón: “Casa do Deporte” en Lugo, para poder disfrutar do Campionato de España de Voleibol Infantil.
No equipo EMEVE de Lugo xoga unha alumna de 2 ESO do noso centro, Emma Lorenzana, a cal o alumnado quixo acompañar para animala.
Hoxe, o alumnado aprendeu moito de voleibol e doutros temas como valores no deporte: equipo, compañerismo, traballo, esforzo…
Gracias a todos/as polo voso exemplar comportamento!!!