Hoxe, o alumnado de 2 ESO acudiu ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo á charla de Catarina Pollini, esta actividade foi organizada pola Fundación Breogán dentro do Ciclo de Conferencias sobre valores e deporte: “Luz ó Deporte”.
O Departamento de Educación Física enmarca esta actividade dentro do Plan Proxecta: Vida activa e saudable..
Escoitamos a Catarina con gran atención e fixestedes moi boas preguntas ao rematar a conferencia. Xenial!!!
Algúns valores e temas sobre os que se falaron hoxe e que aprendimos sobre eles foron:
Traballo, esforzo, Disciplina, Compromiso, Compaxinar estudios e deporte, Formación integral, interculturalidade, Plurilingüísmo, Igualdade, Equidade, Hábitos saudables, Equipo, Axuda e compañerismo, Rendemento, Motivación, Empatía, Calma, Concentración, Medios de comunicación e muller, Xogos olímpicos e espíritu olímpico, Familia, Sacrificio, Organización, saúde mental, Corpo e mente, Psicoloxía deportiva, Derrota e cómo sobreporse a mesma, Fama e estabilidade emocional, Deporte e muller: maternidade e conciliación familiar.
O voso comportamento hoxe foi exemplar, moitas gracias!!!