venres, 23 de febreiro de 2024

RCP NA AULA. 23/24

Este ano como nos anteriores levouse a cabo o programa de "RCP na aula", impartíronse contidos relacionados con: Seguridade e prevención de riscos, lesións e accidentes escolares: Unidade didáctica de primeiros auxilios e realización de RCP na aula e uso do DESA.

Estes contidos foron impartidos en 1º e 4º ESO e tamén en 1º de bacharelato.

O material foi prestado polo CEFORE, pois hai un convenio entre Formación do 061 e a Xunta de Galicia.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro.