venres, 28 de febreiro de 2025

PVSD:COÑECE O MEU CLUB: XUNCAS DIVERSIA BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS 3º ESO.

O venres día 28 de febreiro o alumnado de 3º ESO, acompañado polo profesorado: Aurelia de Relixión, Sara de Bioloxía, Brais, Adrián e Noemí de Educación Física, foi invitado ao entrenamento do club Xuncas Diversia de baloncesto en cadeira de rodas que tivo lugar no pavillón de Frigsa de 11h ata ás 13.00h.

O alumnado tivo a oportunidade de xogar con eles e probar a dificultade deste deporte adaptado, tamén aprenderon moito destas magnificas persoas con diversidade funcional gracias a unha charla que lles deu o entrenador do equipo.

Moitas gracias por invitarnos XUNCAS DIVERSIA!!!