luns, 19 de decembro de 2022

ITINERARIO BELENÍSTICO

Alumnado de Relixión do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está a facer un roteiro belenístico pola cidade, acompañados pola profesora Mª Aurelia Vázquez.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan  Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva".


  


EXPOSICIÓN: "VALORES E DEPORTE"

 A semana do 19 ao 23 de decembro o alumnado de 1º da ESO montou unha exposición na terceira planta do IES, na parede do salón de actos.

Dita exposición formaba parte dunha actividade interdisciplinar "Valores e deporte" que organizou o Departamento de Educación Física, dentro do plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.