Hoxe, día 23 de marzo, alumnado de 1º, 2º e 4º ESO do IES NS Ollos Grandes participou no "Campeonato Provincial de Orientación Deportiva a Pé" no Campus Universitario de Lugo acompañados polos seus profesores/as: Lucía de Galego, Xosé de Portugüés, María e Noemí de Educación Física.
Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro coordinado polo Departamento de Educación Física.
Todos/as eles/elas tiveron unha brillante actuación, destacando os terceiros postos acadados polas irmás Lía ( 2ºESO) e Noa (4ºESO)