O luns, 26 de maio, o profesorado de Educación Física: Adrián, Brais e Noe acompañou a Baiona a 31 alumnos/as de 3ESO. A empresa de deportes de aventura Ayuko recibiunos e comenzou o día cunha ruta en bicicleta polo monte Ferro, escalaron en roca nun acantilado, fixeron unha gymkana de supervivencia, ruta senderismo, construiron vivacs…e tamén houbo tempo para ocio nocturno.
O martes 27 de maio, o día comenzou cun paseo camiñando ao Club Náutico de Baiona, os monitores do club ensinaron ao alumnado o funcionamiento dun barco de vela, as súas partes, vocabulario náutico e fixeron unha ruta de navegación adquirindo o alumnado os distintos roles que fan nas regatas, despois estivemos na Praia da Ribeira facendo distintos xogos e bañándonos.
O alumnado disfrutou moito das distintas actividades no medio natural e tuvo un comportamiento excelente.
Moitas gracias Ayuko, Club Náutico de Baiona e alumnado participante polo voso comportamento e implicación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.