O lúns 16 de decembro acudimos ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para asistir a unha Charla organizada pola Fundación Breogán dentro do programa ¨Luz ó deporte", nesta ocasión o alumnado de 3º ESO foi acompañado polo profesorado de Pedagoxía terapéutica: Rut; Educación Física: Nuria, Noemí e Brais; Portugüés: Loaira; asistiron a Charla de Enmanuel Reyes Pla deportista olímpico en Tokio e París coa selección española no deporte de Boxeo, faloulle ao alumnado de valores que lle proporcionou o deporte: traballo, esforzo, constancia, loita, compañerismo, perseverancia, disciplina, respeto, confianza nun mesmo, pasión, familia...
Ao finalizar o alumnado preguntoulle a Enmanuel curiosidades sobre a súa carreira profesional e a súa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.