Hoxe, día 25 de novembro, conmemoramos o "Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller", participamos nunha actividade intercentros enmarcada dentro do Plan Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro", no apartado de XOGADE "3x3 baloncesto" que tivo lugar no anexo do Pazo dos Deportes de Lugo.
O noso IES participou cun equipo femenino e outro masculino de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Esta actividade foi organizada pola Asociación Lucus encargada de promover o deporte escolar na cidade de Lugo e contou coa colaboración dos Departamentos de Educación Física de 4 centros da cidade: IES Lucus Augusti, IES Leiras Pulpeiro, IES Ánxel Fole, IES NS Ollos Grandes; a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Lugo.
Gracias a todo o alumnado polo voso exemplar comportamento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.