Durante esta semana teremos no IES a presencia do club "Lvcvs Dojo" de Judo, o cal ven ao IES a impartir unha clase de iniciación ao Judo para cada uno dos curso da ESO e de BAC.
Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta: PVAD en concreto dentro do apartado de "Coñece o meu club" (Xunta de Galicia)
O judo, é un deporte marcial japonés que combina técnicas de lanzamento e sumisión, gañou popularidade en todo o mundo como unha actividade física ideal para os xóvenes. O judo destaca como o mellor deporte en idade escolar. Dende os seus beneficios físicos e mentais ata os valores que inculca, o judo ofrece unha experiencia integral que vai máis aló da simple práctica deportiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.