O martes 18 de abril o alumnado de 4º ESO B tivo unha xornada de sensibilización e inclusión impartida por COGAMI, o alumnado participou nunha Ximcana na cal tiñan que facer distintas probas tales como:
- Circuito en silla de rodas.
- Circuito cun panel de cartón no chán no cal hai distintos impedimentos (paso de cebra, bordillo...) e cos ollos vendados e un bastón cun sensor tiñan que atopar o cartón e pasar os obstáculos.
- Un trivial sobre preguntas de discapacidade e unhas pezas para montar e atopar frases sobre inclusión e discapacidade e facer unha pequena reflexión.
Actividade coordinada pola profesora Carolina Rodríguez Yáñez dentro do Proxecta: Proxecto Deportivo de Centro no apartado do Proxecta: "Actividade Física dende outras materias"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.