martes, 25 de outubro de 2022

ROTEIRO CABO ORTEGAL Y LOIBA

O Departamento de Bioloxía organizou un roteiro no Xeoparque da Comarca de  Ortegal o día 25 de outubro de 07.30h a 17.30h, o roteiro estivo dirixido por un guía xeólogo do parque, o alumnado que acudiu a dito roteiro foi o de 1º de bacharelato de ciencias e foron acompañados polas súas profesoras: Mª Pilar Fernández, Hortensia Lence e Tania Fernández.

Esta saída consistiu en facer unha xeorruta pola zona que permitiu ao alumnado descubrir formacións rocosas moi singulares e apreciar toda a riqueza xeolóxica da zona, tamén houbo unha grande camiñata e nalgúns momentos tiveron que darlle uso a súa motricidade rappelando.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: “Patrimonio cultural: Roteiros Vivos” e tamén relacionada co Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva".





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.