Alumnado de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas actuou para o alumnado de 2º ESO poñendo en escena varias coreografías.
Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva".
Blog de encontro sobre hábitos saudables, actividade física e deporte do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Alumnado de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas actuou para o alumnado de 2º ESO poñendo en escena varias coreografías.
Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva".
O programa "RCP na Aula" foi impartido ao alumnado de 1º de Bacharelato A, B e C durante o mes de decembro, neste programa aprenderon os eslabóns da cadea de supervivencia, distintos protocolos a seguir en caso de emerxencias, realización de compresións torácicas, manexo do D.E.S.A.. realización da posición lateral de seguridade, maniobra Heimlich...
Tamén o alumnado de 1º ESO A, B, C, e D familiarizouse con algúns dos contidos xa mencionados no mes de xaneiro.
O alumnado de bacharelato A,B e C grabou videos relacionados con valores e deporte, valores e vida.
O día 27 de decembro o alumnado de 1º e 2º da ESO do IES N.S. Ollos Grandes acudiu ao Pazo dos Deportes de Lugo a ver o partido da Liga Endesa de baloncesto que enfrentaba ao CB Breogán contra o Cazoo Baskonia.
As entradas foron proporcionadas polo CB Breogán en colaboración co proxecto de Vida Saudable e deportiva de centro.
O Xoves día 22 de decembro de 10.15h a 11.30h houbo unha xornada interdisciplinar de Deporte e Valores no salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta: Vida Saudable e Deportiva, coordinado por Noemí Fernández Pedraza do Departamento de Educación Física e na cal colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Educación Plástica, Inglés, Francés, Portugués, Alemán, Galego, Castelán, Música.
Á devandita xornada acudiron deportistas de alto rendemento tales como: Branca Millán do C.B.Ensino, Mame Deouf e Luca Biliato do club de voleibol Arenal Emevé, Nicolás Fraga do club de tiro olímpico San Froilán, Andrés Pereiro do club de tenis As Termas, Gonzalo González do club de tenis D10, Wilker Faña do Boxing club Cidade de Lugo, Sara Alvarez Folgueira, do Judo Lugo, Roberto Fernández do CD Lugo, Adrián Rodriguez Mosteirin ‘Pirata’ do Noia Portus Apostoli, José Cuba do Club de loita de Vilalba, Xela Martinez de Escola Atlética Lucense, Xoel Teijeiro do Club Fluvial de Lugo e Pablo López do Xaquedrum de Lugo.
Ademais outros deportistas quixeron estar presentes nesta xornada enviando vídeos animando ao alumnado a que practiquen deporte e explicándolles os valores que adquirirán para a súa vida grazas ao deporte: a piragüista lucense Tania Fernández, a maratoniana olímpica lucense Alessandra Aguilar, o club de fútbol sala Pescados Rubén de Burela con dous das súas xogadoras:Dany e Irene Samper, o Pontés olimpico de tiro con arco Miguel Alvariño e a atleta paralímpica Adiaratou Iglesias.
Alumnado de Relixión do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está a facer un roteiro belenístico pola cidade, acompañados pola profesora Mª Aurelia Vázquez.
Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva".
A semana do 19 ao 23 de decembro o alumnado de 1º da ESO montou unha exposición na terceira planta do IES, na parede do salón de actos.
Dita exposición formaba parte dunha actividade interdisciplinar "Valores e deporte" que organizou o Departamento de Educación Física, dentro do plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.