O venres, 16 de maio, tivemos a sorte de poder recibir no noso centro a empresa: ALL AMERICAN EDUCATION, que veu ao noso centro dende Madrid a darnos unha conferencia sobre: "Becas deportivas e académicas en USA", a dita conferencia acudiu todo o alumnado de 3º, 4º e 1º bacharelato do noso centro, esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta de Vida saudable e deportiva de centro que coordina o Departamento de Educación Física.
Blog de encontro sobre hábitos saudables, actividade física e deporte do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
venres, 16 de maio de 2025
mércores, 14 de maio de 2025
PVSD: RÁFTING 1BACH RIO ULLA PADRÓN
O mércores, día 14 de maio de 2025, 68 alumnos/as de 1 BACH foron a practicar Ráfting ao río Ulla coa empresa de deportes de aventura Arrepións, acompañados polos profesores de Bioloxía: Marcos e de Educación Física: Brais, Adrián e Noemí.
Gracias a todos/as polo voso excepcional comportamento!
luns, 12 de maio de 2025
PVSD: “BOXEO SIN CONTACTO” 1 ESO.
Está actividade foi organizada polo profesor de Educación Física, Brais, dentro do programa: “Coñece o meu club” do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.
O alumnado de 1º ESO recibiu ensinanzas de “Boxeo sin contacto” a cargo do Club de boxeo: “Team Piña Boxing” entre o mércores 07 de maio e o luns 12 de maio.
Gracias polas vosas ensinanzas e ao alumnado polo voso exemplar comportamento.
xoves, 8 de maio de 2025
PVSD: "COÑECE O MEU CLUB": BÉISBOL. CLUB LUME. 1º BACH
Do 05 ao 08 de maio o "Club de Béisbol Lume" veu ao noso centro a impartir unha xornada de iniciación ao Béisbol a cada un dos diferentes cursos de 1º de bacharelato, esta actividade está enmarcada dentro del Plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable activa e deportiva de centro.
Moitas gracias Club Béisbol Lume e alumnado!
venres, 25 de abril de 2025
PVSAD: EXCURSIÓN FIN DE CURSO A PORTUGAL, PARQUE DE AVENTURAS: PENA AVENTURA 4º ESO
Do 22 ao 25 de abril o alumnado de 4º ESO foi de excursión de fin de curso a Portugal, foron acompañados polo profesorado de Educación Física: Brais e Noemí, pola profesora de Lingua Galega: Laura e pola coidadora Lidia.
Fixeron roteiros culturais por Lisboa e Porto, distintas visitas culturais: Oceanográfico..., e para rematar a viaxe, estiveron no parque de aventuras "Pena aventura" onde poideron facer distintas actividades como: paintball, tirolinas, percorridos polas árbores...
A Educación Física presente unha vez máis nas viaxes culturais do centro; foi unha estupenda viaxe!
venres, 11 de abril de 2025
PVSD: XOGADE BADMINTON 1º E 3º ESO.
O venres participamos co alumnado de 1º e 3º ESO nun Campeonato intercentros de Badminton pertencente a Xogade, o profesorado acompañante foi do Departamento de Educación Física.
Foi unha xornada lúdica e deportiva na cal todos os participantes amosaron un excelente comportamento e deportividade e na cal tamén subimos ao podium en tres categorias:
CADETE FEMENINO.
1º POSTO: MORAIMA E CARLOTA
CADETE MASCULINO.
3º POSTO: DARIO E HUGO
INFANTIL MASCULINO
3º POSTO: JUAN E MATEO
Moitas gracias pola vosa gran participación, éxitos deportivos e bo comportamento!xoves, 10 de abril de 2025
PVSD: II TORNEO DE BÁDMINTON 1BACH.
O xoves, 10 de abril de 2025, o alumnado de 1 BACH tivo dende ás 08.35h ata ás 14.30h o “II Torneo interno de Bádminton” organizado polo Departamento de Educación Física.
As parellas participantes clasificadas para este torneo final foron as 5 mellores parellas do torneo interno de clases de 1 de bacharelato.
A xornada transcorreu nun ambiente de xogo limpo e bó comportamento.
Gracias a todos os/as participantes!!!
3º POSTO TORNEO:
1 BACH D JAVIER E JUAN







