venres, 25 de outubro de 2024

PVSD: COÑECE O MEU CLUB, LOITA LIBRE: "CLUB LOITA LUGO"


O mércores 23, xoves 24 , e venres 25 no horario de Educación Física de ximnasio de 2º ESO A, B, C e D o alumnado contou coa presencia de Pablo Pintos, técnico do Club Loita Lugo, que veu ao centro a ensinarlle ao noso alumnado un deporte distinto para eles.









Moitas gracias pola vosa colaboración e ensinanzas!

luns, 21 de outubro de 2024

PVSD: CHARLA FUNDACIÓN BREOGÁN 2º ESO : "LUZ Ó DEPORTE". JESSICA E LUCY AKAMERE.

O lúns 21 de outubro acudimos ao edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para asistir a unha Charla organizada pola Fundación Breogán dentro do programa ¨Luz ó deporte", nesta ocasión o alumnado de 2ºESO foi acompañado polo profesorado de Lingua Galega: Laura Balboa, Educación Física: Nuria e Noemí, Lingua Castelá: David e Música: Oliver; asistiron a Charla de Jessica e Lucy Akamere xogadoras de Superliga de Voleibol que falaron de valores que lles proporcionou o deporte, sentimentos, estudio e deporte, deporte e muller…ao finalizar o alumnado preguntou curiosidades as deportistas.





xoves, 17 de outubro de 2024

PVSD: CENTRO DEPORTIVO D10. XORNADA DE PADEL, TENIS E FITNESS (CYCLING E TRX)

O martes día 15 de outubro e o xoves día 17 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato acudiu ao centro deportivo D10 para pasar unha xornada deportiva, dende ás 09,00h e ata ás 14.00h, cun  descanso de 30 min a mitade da mañá, o alumnado estivo distribuido en tres grupos e foi rotando polas distintas actividades que estaban programadas: padel, tenis e fitness (cycling e TRX), terminaron a xornada cunha sesión lúdica na piscina cuberta da instalación.

O profesorado acompañante nesta ocasión foi o do Departamento de Educación Física: Nuria, Brais e Noemí.

















venres, 11 de outubro de 2024

PVSD: ACTIVIDADE INTERDISCIPLINAR CO DEPARTAMENTO DE INGLÉS: CAPOEIRA E ERASMUS.

 O día 11 de outubro no ximnasio do centro houbo unha actividade de iniciación a "Capoeira" como despedida para o alumnado ERASMUS procedente de distintos países e o alumnado do centro participante no programa.

A sesión foi organizada polo Departamento de Educación Física e impartida polo técnico brasileiro, Marcio, do ximnasio Synergym.



                                                                

                                                                    Gracias Synergym!!!

martes, 8 de outubro de 2024

PVSD: COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA DE JUDO LVCVS DOJO.

O luns, martes e mércores o alumnado de 1ESO recibiu na súa clase de Educación Física unha sesión de iniciación ao Judo, actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro dentro do apartado “Coñece o meu club”, neste caso acudiu ao centro a impartila a Escola de Judo “Lvcvs Dojo”.

Gracias alumnado pola vosa participación e comportamento!!!

Gracias Lvcvs Dojo pola vosa implicación e ensinanzas!!!








luns, 30 de setembro de 2024

PVSD: CHARLA FUNDACIÓN BREOGÀN 4º ESO : “LUZ Ó DEPORTE”, JOAQUIN DOSIL.

Hoxe, 30 de setembro de 2024, o Departamento de Educación Física: Brais, Nuria, Noemí; Laura Balboa de Lingua Galega e María Guerreiro do Departamento de Orientación asistimos co alumnado de 4ESO a unha conferencia organizada pola Fundación Breogán: “LUZ O DEPORTE”, nesta ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a Joaquin Dosil, psicologo deportivo, o cal ensinou ao alumnado como a psicoloxía deportiva pode mellorar o rendemento deportivo e a vida persoal.

Gracias Fundación Breogán por darlle “Luz ao deporte”!



luns, 16 de setembro de 2024

PRESENTACIÓN.

Ola:

Como xefa do departamento de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, douvos a benvida a este blog.

Tratarei de mantervos informados dos calendarios das ligas internas, actividades complementarias e extraescolares que terán lugar ao largo do curso dentro do programa de centro Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e deportiva no cal estamos incritos, deixareivos calqueira outra cosa relacionada co mundo do deporte e da actividade física que considere que poida servos de utilidade.
Bo rumbo!