venres, 16 de xuño de 2023

CONCURSO DE MICRORELATOS: DEPORTE Y BULLYING

O Departamento de Educación Física en colaboración co Departamento de Lingua Galega organizou un concurso de microrelatos coa temática: "Deporte y Bullying" para o alumnado de 1º ESO.

Os vencedores de dito concurso foron:

1º PREMIO: VALE DE 25€ EN LA LIBRERÍA CARLÍN.

 PALOMA ROMANCE COUCE 1º ESO B

                            2º PREMIO: VALE DE 20€ EN LA LIBRERÍA CARLÍN.

                                     ROMÁN NOVO LÓPEZ-VIZCAÍNO 1º ESO A

3º PREMIO: VALE DE 15€ EN LA LIBRERÍA CARLIN.

 MORAIMA FERREIRO GARCÍA 1º ESO C


Esta actividade pertence ao proxecta:" Proxecto de Vida Saudable e Deportiva"

mércores, 14 de xuño de 2023

ESCALADA, KAIAK, PADDLE SURF E BARCO DRAGÓN

O alumnado de 3 ESO acompañado polas profesoras: Natalia, María, Tania e Noemí disfrutou dunha magnifica xornada na cal puideron aprender a escalar e a rappelar no Rocodromo da Feria Exposición de Lugo. 

Máis tarde achegaronse a Escola de piragüísmo "Cidade de Lugo" e alí puideron practicar: kaiak, barco dragón, paddle surf xigante e paddle surf.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva".

Gracias polo voso exemplar comportamento!!!














xoves, 8 de xuño de 2023

PIRAGÜÍSMO E SENDERISMO EN PONTEDEUME 2º ESO

Hoxe, día 08 de xuño, o alumnado de 2º ESO foi a Pontedeume, en concreto ao Clube Náutico "O Firrete", acompañados dos seus profesores de Educación Física: Natalia, María e Noemí e máis o profesor de Lingua Estranxeira, Inglés: Daniel Rouco. Alí o grupo dividiuse en dous e mentras uns ían remando en kaiaks pola mar rumbo ao pobo de Redes o outro grupo foi camiñando dende Pontedeume ata alí, en Redes fixose o intercambio de grupos e así todos/as puideron disfrutar de ambas actividades.

 

Gracias polo voso exemplar comportamento!




                                                                FOTOS DA XORNADA

mércores, 31 de maio de 2023

SURF EN ESTEIRO 4 ESO

Hoy, 31 de mayo de 2023 el alumnado de 4ESO fue a la Playa de Esteiro O Barqueiro (Concello de Mañón) a un bautismo de Surf y Paddle Surf acompañados por sus profesoras de Educación Física: Natalia, María y Noemí.

La Viveiro Surf Escola fue en esta ocasión la encargada de enseñarle a nuestro alumnado sus primeras nociones en estos deportes.

Gracias polo voso comportamento!!!






sábado, 20 de maio de 2023

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE VOLEIBOL

 Onte, xoves día 18 de maio, o alumnado de 2 ESO acompañado polo profesorado do Departamento de Educación Física: María, Natalia e Noemí e o profesor de Lingua Estranxeira: Daniel Rouco foron camiñando ao pavillón: “Casa do Deporte” en Lugo, para poder disfrutar do Campionato de España de Voleibol Infantil. 

No equipo EMEVE de Lugo xoga unha alumna de 2 ESO  do noso centro, Emma Lorenzana, a cal o alumnado quixo acompañar para animala.

Hoxe, o alumnado aprendeu moito de voleibol e doutros temas como valores no deporte: equipo, compañerismo, traballo, esforzo…

Gracias a todos/as polo voso exemplar comportamento!!!




sábado, 6 de maio de 2023

CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA A PÉ



Hoxe, 06 de maio de 2023, celebrouse en Ourense o “Campionato Galego de Orientación Escolar a pé”

O equipo infantil feminino do IES que se clasificara no “Campionato Provincial Escolar” en segunda posición, neste “Campionato Galego Escolar” quedou nunha meritoria cuarta posición dun total de 12 centros escolares Galegos e foi o primeiro centro da provincia de Lugo neste campionato.

As integrantes do equipo foron:

Sara Salgado Pollán.

Julia Saqués Feijoo.

Moraima Ferreiro García.

Candela Vilarín Salvador.

Alejandra Castedo Medina.

Ania Vázquez Pastor.

Parabéns a todas as participantes!!!

Gracias polo voso impecable comportamento e a vosa gran actuación.


xoves, 4 de maio de 2023

XOGOS TRADICIONAIS.

 

Alumnado de 1º de Bacharelato de artes esscénicas compartiu co alumnado de 2º ESO unha actividade coa pretensión de potenciar os xogos tradicionais.