O xoves, 18 de decembro, celebramos no pavillón do IES unha “Xornada intercentros de Xogos alternativos”, o alumnado de 2 ESO do IES Lucus Augusti e do IES NS Ollos Grandes xogou dende as 09.00h e ata ás 14.15h a distintos xogos alternativos: FLOORBALL, KINBALL e PINFUVOTE.
O venres 09 de xaneiro no tempo de lecer xogouse unha final de Pinfuvote e o venres 16 de xaneiro no tempo de lecer tamén, tivo lugar a entrega de premios.
Esta actividade organizada polos dous departamentos de Educación Física dos centros educativos xa mencionados, está enmarcada no Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e deportiva no apartado de XOGADE.
Os resultados da xornada foron os seguintes:
FLOORBALL
-1º POSTO: LUCUS B2
-2º POSTO: OLLOS B2
-3º POSTO: LUCUS A3
KINBALL
-1º POSTO: OLLOS D4
-2º POSTO: LUCUS B1
-3º POSTO: OLLOS B2
PINFUVOTE
-1º POSTO: OLLOS A1
-2º POSTO: OLLOS C3
-3º POSTO: LUCUS D1
Moitas gracias ao alumnado dos dous centros educativos polo voso xogo limpo e bó comportamento e ao profesorado de Educación Física polo voso traballo e dedicación.