Durante a semana do 13 ao 17 de novembro terá lugar no ximnasio do IES unha actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta ( iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con diferentes organismos): Proxecto de vida activa e deportiva, dentro da actividade "Coñece o meu club" e coordinado polo Departamento de Educación Física.
O Plan Proxecta: Proxecto de vida activa e deportiva consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
O programa "COÑECE O MEU CLUB" pretende ser unha ferramenta para achegar aos escolares os recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables, os técnicos do club visitan os centros escolares para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte.
Nesta ocasión tivemos con nos ao club: "Boxing Club Cidade de Lugo", para impartir unha xornada a cada curso de ESO e BACH sobre "Boxeo", unha xornada de boxeo educativo e SEN CONTACTO.
O obxectivo desta iniciación non é a competición deportiva, se non a formación integral do alumnado, demostrando o poder formativo do boxeo tanto no plano físico como, especialmente, no plano emocional e moral.
O Boxeo Educativo ten a virtude de desarrollar moitas cualidades:
No plano físico, o boxeo é un dos deportes máis completos que hai, exercitando a velocidade, forza, resistencia, coordinación e axilidade, e todo elo de forma divertida.
No plano psicolóxico, o boxeo educativo ten poder para desarrollar a autoconfianza e polo tanto a autoestima, a disciplina, o compañerismo, a empatía cara aos máis débiles, cualidades volitivas (esforzo, sacrificio, constancia, ...)
A vitalidade física e psíquica que adquiren os xóvenes, xunto co respeto polos seus compañeiros/as e o seu autocontrol, crealles serenidade para poder resolver outros momentos máis difíciles que se presentan na vida cotiá.
Failles conscientes dunha seguridade superior nas súas posibilidades e abordan con naturalidade a colaboración e axuda a outros/as compañeiros/as, creándose neles un espíritu de compañerismo e equipo moi respetables.
No plano moral, este deporte móstrase como un deporte igualitario e igualador, ao cal é fácil acercarse dende calqueira extracto poboacional. Por outra banda, nos últimos anos, foise incrementado a afluencia femenina, convertindo o boxeo nun deporte igualador. Non é menos certo que, con un bon profesor/a, pódense desarrollar tamén os conceptos de xusticia, respeto e xogo limpo.
Evidentemente, a imaxe do boxeo vese reforzada con profesores/as que teñen amplia formación xeral e coñecementos de boxeo suficientes para levar a cabo a súa iniciación e tamén o desarrollo da actividade: unha actividade lúdica, sen contacto e adaptada ás idades ás que se destina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.