sábado, 24 de xaneiro de 2026

PVAD: ESTACIÓN DE ESQUÍ GRANDVALIRA ANDORRA (SEMANA BLANCA) 4º ESO E 1º BACH.

A semana do 18 ao 24 de xaneiro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato comenzou unha aventura rumbo á estación de montaña do Tarter, no dominio esquiable de Grandvalira en Andorra.

Alí algúns tiveron a oportunidade de iniciarse no esquí ou no snowboard e outros perfeccionaron o aprendido en experiencias anteriores nestes deportes.

Gracias polo voso comportamento esta semana e por dar o 100% en todo momento, sodes increíbles!



venres, 5 de decembro de 2025

PVAD: COÑECE O MEU CLUB: LOITA LIBRE 2º ESO.

 O mércores 03, xoves 04 e venres 05 de decembro no horario de Educación Física de ximnasio de 2º ESO A, B, C, D e E o alumnado contou coa presencia de Pablo Pintos, técnico do Club Loita Lugo, que veu ao centro a ensinarlle ao noso alumnado un deporte distinto para eles.







Gracias alumnado pola vosa participación e comportamento!!!

Gracias  Club Loita Lugo pola vosa implicación e ensinanzas!!!

venres, 14 de novembro de 2025

PVAD: COÑECE O MEU CLUB: KARATE SHIHAN 4º ESO.

Os días 12, 13 e 14 de novembro no horario de Educación Física de ximnasio de 4º ESO A, B, C e D o alumnado contou coa presencia de técnicos da "Escola deportiva Shihan", que viñeron ao centro a ensinarlle ao noso alumnado un deporte distinto para eles, o KÁREATE.


Moitas gracias "Escola Deportiva Shihan" polo voso traballo, dedicación e ensinanzas!!!





PVAD: COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA DE JUDO LVCVS DOJO 1º ESO

 O luns, martes, xoves e venres da semana do 10-14 de novembro o alumnado de 1ESO recibiu na súa clase de Educación Física unha sesión de iniciación ao Judo, actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro dentro do apartado “Coñece o meu club”, neste caso acudiu ao centro a impartila a Escola de Judo “Lvcvs Dojo”.

Gracias alumnado pola vosa participación e comportamento!!!

Gracias Lvcvs Dojo pola vosa implicación e ensinanzas!!!





xoves, 23 de outubro de 2025

PVAD: XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS CO ALUMNADO ERASMUS: PORTUGAL E CROACIA 1º BACH.

O mércores 22 de outubro tivo lugar no pavillón unha xornada de xogos tradicionais co alumnado Erasmus do noso centro e o alumnado Erasmus de Portugal e Croacia.

O alumnado aprendeu ao longo dun circuito de xogos no pavillón particularidades do camiño de Santiago Francés e das súas distintas paradas así como de cousas típicas de Galicia: gastronomía, muiñeira, hórreo, cruceiro, meigas...ao finalizar puideron degustar no ximnasio do IES comida típica de Galicia.


















mércores, 1 de outubro de 2025

PVAD: CENTRO DEPORTIVO D10 1º BACHARELATO.


Os días 29 e 30 de setembro e o 01 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato acudiu ao centro deportivo D10 para pasar unha xornada deportiva, dende ás 09,00h e ata ás 14.00h, cun  descanso de 30 min a mitade da mañá, o alumnado estivo distribuido en tres grupos e foi rotando polas distintas actividades que estaban programadas: padel, tenis e fitness (cycling e TRX), terminaron a xornada cunha sesión lúdica na piscina cuberta da instalación.

O profesorado acompañante nesta ocasión foi do Departamento de Educación Física: Adrián Salgado e Noemi Fdez.






luns, 8 de setembro de 2025

PRESENTACIÓN CURSO 25/26.

 Ola:

Como xefa do departamento de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, douvos a benvida a este blog.

Tratarei de mantervos informados dos calendarios das ligas internas, actividades complementarias que terán lugar ao largo do curso dentro do programa de centro Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e deportiva no cal estamos incritos, deixareivos calqueira outra cosa relacionada co mundo do deporte e da actividade física que considere que poida servos de utilidade.
Bo rumbo!